Hai certas persoas que pensan que a cor da pel significa que trata con mercadoría barata, que as vidas dos inmigrantes valen menos que a de un can.
Fai uns días atracou en Ribeira o Wisteria. Este buque, de bandeira de conveniencia, viña cun cargamento de túnidos para as conserveiras, pero unha nota de un dos tripulantes fixo salta-la alarma. No barco viñan varios polizóns senegaleses que foron botados ó mar polo seu capitán. Parece ser que este costume é ata certo punto habitual entre os capitáns de barcos que atopan polizóns, e tamén entre outros transportistas. Pero... ¿que caste de xente é ista que non dubida en tirar pola borda, coma se fose mercadoría barata a seres humanos? A lei debería aplicarse nestes casos coma nos de asasinato, sen contemplacións de ningún tipo.
Os cemiterios das vilas costeiras están cheos de afogados e o mar non devolveu a moitos deles, por iso se fai cada ano unha ofrenda floral, para os que non voltaron, coincidindo cá procesión á virxe do Carme.
Se créese que o mar ten intelixencia propia tería que dicirlle que é un desagradecido. Que levou a xente que o defendeu do negro chapapote, loitando cás súas mans contra da ruindade do home. O Bahía e maila súa tripulación merecen un lugar na memoria de Galiza. E Galiza hoxe está de loito como o está o mesmo mar que os matou.