maio 30, 2004

Mundo minimalista

m.jpg

Ás veces góstame mira-lo mundo dende unha perspectiva minimalista, e por iso fago fotos como ista. A Aznar tamén, pero el se cré o centro do universo.

Despois de que entrase coma os conspiradores pola porta traseira para reunirse co seu amigo Bush (er pupas), agora nos ofrece o espectáculo da súa xira. Parece ser que este homiño ven de escribir un libro titulado “Eu, eu e máis eu, a santísima trinidade” que contando cos militantes e pelotas do P.P. pode esgotarse nas próximas horas.

Escrito por xgarcia a las 01:06 PM | Comentarios (1)

Estado de excepción

LOBOpp.jpg

Dicía Almodovar, que as eleccións do 14M estiveran a punto de non celebrarse, xa que dende o P.P. tentaran declarar o estado de excepción ou máis ben, un golpe de estado. Algúns se botaron as mans á cabeza por estas palabras, hoxe temos a confirmación.

Ven de dicir Manuel Fraga -que polo que di dende fai algún tempo debeu tomar polbo petroleado- que puideron ter a idea de declarar o estado de excepción pero que decidiron non facelo. Agora coma sempre ven de se contradicir, pero podémolo escoitar, emprega o buscador desa páxina.

Escrito por xgarcia a las 10:59 AM | Comentarios (0)

maio 24, 2004

Banco con vistas

vistas.jpg

É difícil crer que as galerías de arte estean nas rúas pero basta con darse un paseo por calquera lugar de Santiago e observar con tranquilidade.

Esto é o que se pode apreciar na fotografía tomada onte no paseo da Ferradura da Alameda Compostelana. Dúas persoas que deixan pasa-lo tempo mirando a fermosa paisaxe.

Escrito por xgarcia a las 11:54 AM | Comentarios (0)

maio 22, 2004

Os verdadeiros heroes

camilo2.jpgFoto:AP

Continúan a aparecer novas fotos das torturas a presos iraquís e hoxe atopámonos cá sentencia que condena ó sarxento Mejía a un ano de cárcere por negarse a voltar á guerra do Iraque.

Camilo Mejía é un de tantos hispanos que engloban as tropas dos EEUU. Loitou na guerra do Iraque, e voltou a pasar un permiso de varios días, cando o chamaron para reincorporarse non o fixo. Alega que o que alí viu non era a guerra para a que fora chamado, que non era unha guerra contra o terrorismo senón unha guerra polo petróleo. Tamén presenciou o sarxento Mejía o trato inhumano que se lle daba os prisioneiros de guerra, algo que o fixo decidir non voltar ó servicio.
Nos últimos tempos naceron en EEUU varias ONG adicadas a informar os xóvenes hispanos sobre alternativas á entrada no exercito dos Estados Unidos. Entre elas O Guerreiro Azteca, creada polo mexicano Fernando Suárez del Solar, que se manifestou contra a condea a Camilo Mejía. O 27 de marzal de 2003 o seu fillo Xesús, morreu cando á súa división entrou nunha zona sementada das ilegais e destructivas bombas de racimo lanzadas dende avións do exercito americano. Dende entón o seu pai loita para que outros xóvenes non pasen a formar parte deste exercito como barata mercadoría política.
Xente coma Camilo Mejía e Fernando Suárez son os verdadeiros heroes desta inxusta guerra colonial.

Escrito por xgarcia a las 09:46 PM | Comentarios (0)

maio 19, 2004

Este tempo está tolo.

arnal.gif

El eche o único beneficiado por esta onda de calor. Facía un sol de medo esta tarde e o lagarto arnal era o que mellor o pasaba.

Agora caeron xa catro gotas e semella que teremos tormenta de verán para varios días. Agardemos que estas temperaturas propias de agosto non nos traian unha praga de incendios forestais.

Escrito por xgarcia a las 12:31 AM | Comentarios (3)

maio 13, 2004

Consellería de ¿Medio Ambiente?

cantera.gif

Hoxe cesaron a José Lago, subdirector da Consellería de Medio Ambiente polo caso das aves petroleadas. A ver se cunde o exemplo e continúan os ceses. Vouvos presentar outra irregularidade desta Consellería

En Ribeira existe unha canteira abandoada que se empregou no seu día para agacha-lo chapapote do Prestige. Fai uns meses, non se sabe quén, autorizou a unha empresa de Rianxo (cuio dono e moi amigo de certos cargos de Medio Ambiente) a facer desmontes e reabri-la canteira. As palas están traballando arreo e tan só a vinte metros dun niño de falcón pelegrín.

Escrito por xgarcia a las 10:58 AM | Comentarios (0)

maio 11, 2004

O que a fai a paga...

obra.gif

Di Núñez Feijoo que o que a fai a paga. Que non se vai a consentir a construcción ilegal na Galiza. O que todavía non entendín é de que nos está a falar.

Na zona costeira comprendida entre Aguiño (Ribeira) e Queiruga (Porto do Son) e que se atopa dentro dos lindes do LIC (Lugar de Interés Comunitario) de Corrubedo estase a construír nos últimos anos sen respectar as leis máis básicas. Non se respecta a servidume de costas, con construcción de pistas ilegais, ou chegando nalgúns casos a construírense muros ate o mar (San Pedro de Muro, Xuño, Caamaño, etc...) En Corrubedo, nunha zona onde só se poden construír vivendas unifamiliares se está a traballar arreo na construcción de blocos de apartamentos, para transformar esta fermosa vila na nova Benidorm galega.
¿De qué nos está a falar o Conselleiro?

Escrito por xgarcia a las 09:15 AM | Comentarios (3)

maio 08, 2004

Orgullo Ianqui

g5p25f1.jpg Foto: HAITHAM MUSSAWI

Ó comezo da guerra no Iraque, varios dos soldados do corpo de marines de Estados Unidos foron apresados por tropas iraquís. Entón, tanto dende Amnistía Internacional, coma dende os Estados Unidos, advertiuse da violación da Convención de Xenebra por parte das tropas de Sadam Hussein. A causa destas denuncias era o emprego de imaxes vexatorias de soldados detidos. Nelas podíase ver a algúns destes marines, sendo preguntados por tropas iraquís sobre o seu rango, lugar de orixe e nome. Estes soldados contestaban atemorizados e esa non era a imaxe do “valente corpo de marines” que lle interesaba ver ó Pentágono

Logo, montaron o show de “salvade á soldado Lynch” que daba moi ben en pantalla.
Pero non tiña todo iso nada que ver coas críticas ó trato dos prisioneiros que Estados Unidos mantén en Guantánamo, esas eran inxustificadas.
Agora aparecen unhas fotos que amosan o bo trato da policía militar estadounidense a prisioneiros de guerra, e coñécese a historia de Lynndie England, que é o novo icono sexual en centros de sado-masoquismo, alguén de quen a súa familia se sente moi orgullosa.
Pero craro, o exercito americano non ten que dar contas ante a corte penal internacional.
¿Ou pensabamos outra cousa?

Escrito por xgarcia a las 12:03 PM | Comentarios (0)

maio 01, 2004

Volta a Itaca

polen.gif

Hoxe voltei a Itaca, e comprobei que pouco cambiara dende entón. Mentres que na prensa se alardeaba de novas detencións e erradicacións de puntos de venta de droga, eu comprobaba que nada mudara.

Falei cos vellos ionquis e me dicían o de sempre: mestoiquitando. Entrei nun piso onde se consumía e prantaba cannabis e me atopei de casualidade co maior subministrador de coca ós camellos da Itaca. Nada cambiara e todo seguía igual. Mestoiquitando 1 me dicia que agora só se chutaba coca mentres que me ensinaba as marcas dos brazos. Mestoiquitando 2 me dicia que xa non se metía nada, e que se o invitavan a coca non ía dicir que non. Todo iso o contaban postísimos de cabalo.

Escrito por xgarcia a las 03:08 AM | Comentarios (2)