abril 28, 2004

Calquera que dé un paseo...

mimo4.gif
Calquera que dé un paseo polas rúas pode atopar toda unha galería de persoaxes curiosas. Hoxe, para inaugurar esta galería, poñerei unha foto que saquei o domingo na Praza do Toural.

É doado atopar artistas por toda a zona vella de Santiago. Cando baixei a compra-los xornais vin que nun curruncho do Toural, rodeado de nenos, había un mimo que trataba de permañecer indiferente. Saquei a foto mentres que duas mulleres que pasaban ó meu carón dician: -pobrecito, ahí, al sol todo el día.
Dende logo, os artistas que enchen as rúas e as prazas da zona vella merecen todo o respecto do mundo, xa que, aparte de alegrarnos os paseos e as cavilacións, enchen de cores e músicas os lugares onde se instalan.

Un saudo e bicos.

Escrito por xgarcia a las 11:14 AM | Comentarios (0)

Presentación.

R3D_LEMA_SMA_A.jpg

De todo un pouco, ese é o fío conductor desta bitácora. Pretendo facer un resumo das cousas cotiás, das que me poden facer reflexionar camiñando polas rúas ou das que leo cada día na prensa. A imaxe terá unha posición predominante, xa que antes que xornalista son fotógrafo.

Tras destes principios fundacionais contareivos algúns datos persoais, para que me vaiades coñecendo un pouco, pero iso, só un pouco. O meu nome deixarémo-lo en X.García, nacín fai trinta e tantos anos en Ribeira (A Coruña) inda que actualmente vivo en Santiago de Compostela. Coma entretementos teño a lectura, a fotografía, a natureza e rosmar a cotío.
As miñas últimas colaboracións no eido da prensa foron na revista Interviú, así coma na revista de Nunca Máis e especialmente na web de S.O.S.Corrubedo. Normalmente escribo os meus artigos coa firma de X.García e as fotos as firmo coma Mulligan, na honra daquela persoaxe do Ulisses de Joyce, pero a orde de emprego destes alcumes non ten porque ser ista.
Nada máis por hoxe, un saúdo e bicos.

Escrito por xgarcia a las 01:12 AM | Comentarios (2)