No corazón te levo, doce Asturias,
prendida en voces rexias que me falan
de unha vaqueira infinda que se alonxa
polas canles da brétama e das cumes.
Irmá da miña terra, Asturias miña,
condecorada estás de neves puras,
de prados e pomares, brancos ríos,
ríos de tinta amrga coma a noite
fuxindo cara a mar dos peixes libres.
Un vento acompasado en danza prima
penta o teu sono feito de ababoles.
Os teus mineiros levan sobre ollos
cantigas de mencenres o de xanas.
Unha frot arrincaches e ma deches
-xardín de Dios- no tempo da tristura.
Coas estrelas a gardo coma un soño
baixo a paz do Señor, eterma fonte,
Asturias miña,patria amante e rexa,
irmá da miña terra, vella língoa
cun doce son de gaita estremecida.