A semana pasada estrenei telescopio e me gustaría subir ó clop unha das primeiras fotos tirada con él, non sen antes avisar que, á espera do adaptador novo, está tirada cun invento caseiro feito cun tubo de pvc e a calidade supoño que mellorará moito aínda.
O bicho é un pimpín do norte Fringilla montifringilla , macho para máis datos, dos que houbo unha voa entrada este inverno parece que na península en xeral e na Terra Chá en particular, no antigo campo de aviación de Guitiriz, a carón do balneario (¿ou tería que dicir bar-neario?).
Post de Jmeijon
A primeira orquídea do ano (había duas plantas), atopada á entrada das ruinas de Conímbriga, (nunha camposa), cando xa pensei que me viña de vacío. Aínda novas e pouco desenvolvidas, de arredor de 20 cm. e con poucas flores abertas. Choveu ben estos días pero é preciso moita máis auga para paliar a seca, non vin ningunha outra que poidese decir que daba flor de aquí a poucos días. Nome:Barlia robertiana (Loisel) W. Greuter Himantoglossum longibracteatum (Biv.) Schlechter (aínda ten máis nomes). Nomes vulgares: Compañon, orquídea macho(en España); salepeira grande (en Portugal); mosques grosses (en Catalunya); hai unha cita antiga en Lugo pero nunca se chegou a demostrar que se dea en Galicia. Localización: C., S., NE, e Este da Península Ibérica e Illas Baleares. Hábitat: Matorral, pastizais, claros e dunas, entre 0 e 1000 metros de altitude, florece entre Marzo e Abril (pódese atopar entre Xaneiro e Maio en algúns lugares e en determinas condicións climáticas). Información tomada case toda do libro de Flora Ibérica, Orquidaceae. Este mesmo post con distinta fotografía foi publicado na fírveda.
O
Vai unha de paxaros, agora que está de moda o tema das
aves (desgraciadamente) polo da influenza aviaria que parece está a
chamar nas portas de occidente.
Corvo mariño grande (Phalacrocorax carbo) que, contrariamente ao que
moita xente cre, ten unha boa distribución polo interior, chegando a
poboación invernante en Extremadura a supera-los 12000 exemplares en
2003 (datos do 2º censo nacional). En Galicia pódese ver en moitos dos
ríos das catro provincias, ademáis, lóxicamente, da costa.
Esta fotografía foi tomada (06.02.2006) nas Lagoas de Riocaldo.
Begonte. A escasos 20 km da cidade de Lugo, onde existe un durmidoiro
con até 120 individuos. A "caperuza" branca e a mancha da mesma cor no muslo indícannos que se trata dun adulto coa plumaxe nupcial.
Mudei de chaqueta, teño un dominio propio no que abrín un blog. Viva a Fírveda.
Veñen ahí as orquídeas, en algún punto da Península sería posible atopar (teoricamente) algunhas ophrys, (speculum, fusca, scolopax, tenthredinifera comenzan a nacer en este mes, non me preguntedes o sitio exacto porque falo por libros ou apuntes), e orchis (collina, papilonacea e longicornu). En Portugal a primeira que atopei foi Barlia robertiana alá por mitade de Marzo do ano pasado e en Galicia Jmeijon di que para primeiros de Marzo poderemos atopar algo na serra da Lastra, a ver si é posible unha visita. Aproveito para poñer un enlace de Daniel Petrescu, fotógrafo rumeno de natureza que atopei por casualidade e ten un par de fotos de orquídeas.